Aviso importante publicado na web do Servizo Público de Emprego SEPE
As persoas afectadas por ERTEs non teñen que presentar solicitude de prestación por desemprego. A súa empresa encargarase de facelo cando estea aprobado o ERTE. Se vostede está afectado por un ERTE, NON presente solicitude, nin solicite cita previa. A utilización indebida destas canles dificulta a atención e a prestación do servizo.
Se vostede está en situación de desemprego NON MOTIVADA POR UN ERTE, lémbrase que durante o estado de alarma os prazos de presentación de solicitudes están suspendidos.
SUBSIDIO PARA PERSOAS EMPREGADAS DE HOGAR E SUBSIDIO EXCEPCIONAL POR FIN DE CONTRATO TEMPORAL: O SEPE establecerá o procedemento para a súa tramitación no prazo dun mes. Proximamente informarase sobre como e cando solicitalo.
Como podes facer as túas xestións e trámites (será redireccionado á web SEPE)
Si xa é perceptor de prestacións ou subsidios por desemprego
- En canto á inscrición como demandante de emprego: comprobe as instrucións do servizo público de emprego da súa comunidade autónoma para a renovación ou o alta da demanda de emprego. Siga as indicacións da páxina Web. Se non coñece a dirección da internet, pode atopala aquí.
- Non se ten que solicitar a prórroga do subsidio, o pago manterase transcorridos os seis meses.
- Non se interromperá o pago dos subsidios por desemprego por a falta de presentación da Declaración Anual de Rendas (DAR) no caso de persoas beneficiarias do subsidio para traballadores maiores de 52 anos.
Se se viu afectado por un ERTE
- Non ten que solicitar cita previa co SEPE, xa que a xestión da súa prestación tramitarase entre a súa empresa e o SEPE.
Información sobre o procedemento de solicitude por parte das empresas
Se se atopa en situación de desemprego non motivada por un ERTE
- Se dispón de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve pode
- Se NON dispó de DNI electrónico, certificado dixital ou usuario cl@ve puede
- Formulario para pre-solicitude individual de prestacións por desemprego. Só enviar este formulario se finalizou o seu contrato ou lle despediron, non o faga se está vostede nun ERTE. NON enviar se xa solicitou cita previa ou presentou a súa solicitude no sepe por outra canle.
- Solicite cita previa telemáticamente para ser atendido polo SEPE (indique correo electrónico).
- Formulario para pre-solicitude individual de prestacións por desemprego. Só enviar este formulario se finalizou o seu contrato ou lle despediron, non o faga se está vostede nun ERTE. NON enviar se xa solicitou cita previa ou presentou a súa solicitude no sepe por outra canle.
Se desexa obter un certificado de prestacións por desemprego
- Siga esta ligazón para obteer un certificado de prestacións por desemprego