Servizos Sociais

Sistema integrado de protección social orientado á prestación programada de atención e servizos que posibiliten a mellora na calidade de vida e a participación das persoas, especialmente os que sufren algunha carencia, marxinación ou desatención, así como a prevención e eliminación das causas que orixinaron aquelas situacións.

Os grupo de actuación dos servizos sociais son: comunidade, familia, infancia e xuventude, minusvalías, terceira idade, muller, drogodependencias e alcoolismo, minorías étnicas, delincuencia e reinserción e outros de marxinación social.

Atención primaria: prestará servizos de inofrmación, detección, orietación, asesoramento, prevención e análise de necesidades e carencias sociais, á vez que trasmitirá os programas de servizos sociais comunitarios.

Programas básicos desenvolvidos polos servizos sociais do concello.

Programa de Orientación, Asesoramento e Información

Programa de Emerxencia Social

Programa de Axuda no Fogar

Ten por obxecto informar á poboación sobre os dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar as persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar a situación e derivalos, se é necesario, a os servizos sociais de atención especializada.

Dende os servizos sociais, detéctanse as situación de urxencia que requieren ser abodadas de xeito rápido e eficaz. Fundamentalmente son situación de escaseza de medios económicos que dificultan o normal desenvolvemento das persoas ou familias. Con este programa preténdese paliar e , se fose posible, correxir estes déficits.

O servizo de axuda no fogar está dirixido a toda a oboación. É unha prestación básica do sistema público de servizos sociais que presta un conxunto de atención, dende unha perspectiva integral e normalizadora a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador.

O programa vai dirixido a individuos e ás familias no seu fogar cando se atopen incapacitados/as, temporal ou permanentemente, por motivos de índole psíquica, física ou social para realizar as tarefas esenciais da vida cotiá, mantédoos/as no seu fogar e integrados/as no seu medio natural, mellorando a súa calidade de vida.

O servizo de axuda no fogar está regulado pola ordenanza municipal de Concello de Riós.

Este servizo pódese complemetar co programa de Teleasistencia (permítelles ás persoas maiores e/ou doentes ou discapacitadas, ao premer un botón, entrar en contacto verbal “mas libres” cos operadores/as dun centro de atención as 24 horas do día, todos os días do ano); e máis co programa Xantar na casa (elaboración das comidas do xantar que serán levadas ao seu fogar).