O Foxo dos lobos

Non fai moito tempo que nos montes de Riós había unha gran cantidade de lobos e tamén grandes rabaños de ovellas e cabras. Moi cerca da cova das choias construíuse un foso para poder cazar aos moitos lobos que había naqueles tempos. Os restos deste foso, aínda hoxe, se poden contemplar.

A ruta do Foxo dos Lobos

O seu punto de partida é o Pobo de  Pedrosa, onde tamén ten o seu final, e a súa lonxitude é de 4 Km, situada en plena Serra de Urdiñeira.
Debe o seu nome á construción medieval que se atopa nela, e que se converte na súa principal atracción. O Foxo do Lobo foi construído polos pastores da zona alá polo século X, e ata o século XV utilizouse como un parapeto onde reunir o gando e defendelo do ataque dos lobos que abundaban pola zona. A construción ten forma de V, e aínda que deixou de utilizarse co paso do tempo, hoxe volveu á actualidade grazas á súa reconstrución, e para dar maior credibilidade á carga histórica do lugar.