O Centro de Interpretación da castaña, no lugar de A Igrexa, parroquia de Trasestrada, é o resultado dunha eficaz rehabilitación da antiga casa reitoral.
A beleza exterior úneselle o carácter funcional e equilibrado do seu interior, ofrecendo múltiples posibilidades aos visitantes que se acheguen ao lugar.
Tradición e modernidade son os ingredientes cos que xoga o Centro para achegarnos máis todo o referente á castaña e aos distintos aspectos do concello de Riós.