A cova das choias

A antigüidade de asentamentos humanos na zona queda corroborada con recentes achados arqueolóxicos; dous torques de ouro atopados na cova das choias, vestixios de pobos prerromanos.

Esta cova, que está cerca da aldea de Predroso, na Fraga das Choias, é unha formación natural con amplos arcos, de 8 metros de altura por catro de anchura. A profundidade interior chega aos seis metros e a anchura alcanza os dez.

Paga a pena ir visitala e contemplar, a través dos seus catro arcos, as fermosas vistas de parte do territorio de A Gudiña e Castrelo do Val.