Tratamento contra o chancro ou cancro do castiñeiro

Desde o Concello de Riós e ante a preocupación dalgúns dos nosos veciños polos seus castiñeiros, queremos comunicarlles que desde o pasado mes de outubro de 2019, está a se levar a cabo o tratamento experimental contra a ” Cryphonectria parasitica”, causante da enfermidade coñecida como o chancro ou cancro do castiñeiro, a través da aplicación con cepas hipovirulentas, nas seguintes parroquias do Concello:

  • A Trepa
  • Castelos de Abajo
  • Castrelos de Cima
  • Fumaces
  • O Navallo 
  • Progo
  • Riós
  • Rubiós
  • Trasestrada.
Para calquera dúbida ou aclaración non dubiden en poñerse en contacto connosco.